xoves, 16 de maio de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este xoves 16 de Maio de 2013 celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no colexio. Comezamos o día coa proxección para os alumn@s de Primaria dun vídeo sobre Roberto Vidal Bolaño e o teatro, elaborado polos moz@s do 3º ciclo.









De seguido baixamos ao recreo, onde participamos en diferentes xogos populares galegos como: a goma, saltar á corda, chapas, canicas ou mesmo bolos celtas.



Para rematar a xornada subimos ao salón de usos múltiples, onde os diferentes cursos nos agasallaron coas súas actuacións. Os alumn@s de Educación Infantil interpretaron a canción "A saia da Carolina", os de 1º de primaria cantáronnos unha peza de Mamá Cabra sobre os alimentos e os de 2º expuxeron a biografía de Roberto Vidal Bolaño.


Como colofón final os alumn@s de 3º e 4º contáronnos o conto "A casa da Mosca Chosca" e levaron a cabo a escena da merenda da torta que aparece no conto cun teatro de monicreques.

Podedes ver o resto de fotografías na web do colexio.



1 comentario:

  1. Me encanto la mosca chosca yo fui la raposa chitosa y ademas me encanta que los niños desarrollen su imaginación.





    Un beso y un gran abrazo Amaya de 3º

    ResponderEliminar